Europa políglota

Grazas a Berto, descubrin este post onde se comenta sobre este mapa creado en 1730 por Gottfried Hensel. Neste mapa, segundo a súa descrición contén a “Europa multilingüe, mostrando a xenealoxía das linguas, xunto co seu alfabeto e os modos de escritura de todos os pobos”.

hensel_1741.jpg

Museo da imprenta galega

Para comezar con bo pe este novo ano, unha amiga miña alértame sobre a nova sala permanente que o Museo do Pobo Galego (en Santiago) inagurou o día 2 de xaneiro coa exposición “Da imprenta. Dos impresores e encadernadores. Do libro e da prensa”. Esta nova sala está adicada á historia da cultura escrita e das artes gráficas en Galiza, con paneis gráficos narrativos, pezas utilizadas no proceso de impresión e mostras como documentos facsímiles e a prensa máis destacada. Esta mostra comeza a finais do século XV trala chegada da imprenta a Galiza.

Eu aínda non a fun ver pero non tardarei moito. Outros medios nos que sae a noticia aqui.

A mesma amiga me mandou tamén este artigo tipográfico. Da gusto ter amigos asi.

Xenerador musical tipográfico de P22

Neste novo ano 2008 quero comezar destacando unha interesante utilidade da fundición dixital P22. Trátase dun xenerador de música a partir dun texto, convertendo cada caracter nunha nota. O uso é moi sinxelo: escribes o texto que che apetece, poslle un nome, seleccionas o instrumento musical e xeneras un arquivo midi descargable ou oíble dende a propia web. Como todos os arquivos midi, o resultado é bastante cutre, pero non deixa de ser curioso.

p22.com/musicfont/