Ola,
son Óscar Otero,
deseñador e desenvolvedor web.

Traballo na web dende hai máis de 12 anos. Gústame deseñar e construír interfaces sinxelas, bonitas e, sobre todo, útiles. Son cofundador, xunto con outros 4 socios da Navalla Suíza, aínda que tamén fago traballos como freelance, polo que se che interesa podes poñerte en contacto comigo.

Tamén me gusta escribir código. Son experto na parte frontend (HTML + CSS + JS) e tampouco se me dá mal o backend (PHP/Node). Fixen varios proxectos de código aberto que podes ver no meu perfil de github.

Cursos e charlas

De vez en cando dou algún curso ou charla sobre cousas que teñen que ver co deseño e a web. Na Navalla Suíza participei en varios cursos de Open Vídeo en sitios como Madrid, Sevilla, A Coruña, Ourense, Bélxica e tamén en varias facultades da Universidade da Coruña e Vigo

A nivel individual tamén dei cursos como o de Documental interactivo en Estambul xunto con María Yáñez, varios sobre HTML + CSS para deseñadores en AGAFPU, conferencias na DAG e cursos de formación web para profesores de deseño.

Ademais teño varios artigos sobre tipografía e web en revistas como NEO2, o anuario TRAMA ou a revista 0032

Socio da DAG

Son socio da Asociación Galega de Deseñadores (DAG) dende que se fundou en 2006 e actualmente formo parte da xunta directiva. Nela axudo a reivindicar o valor do deseño na sociedade e a dignificar esta profesión.

Proxectos propios

Fixen bastantes proxectos "porque si", como medio de experimentación e aprendizaxe. Algúns exemplos: