Tipografía de Pontevedra

Grazas a un bo amigo meu, que me manda unha ligazón a este post de Opaco descubro esta xenial galería fotográfica sobre os antigos rótulos comerciais da provincia de Pontevedra. Este traballo, levado a cabo por un grupo de profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, leva por título Tipografía regional e por agora conseguiron recoller nada menos que 103 mostras.

Conto tipográfico

Facía moitísimo tempo que non escribía aqui. De feito, ata eu mesmo tiña asumido que este blog estaba morto, pero atopei este conto tipográfico en internet que me chamou tanto a atención que non me puiden resistir a compartilo con vos. Que o disfrutedes:

Cuento tipográfico

Europa políglota

Grazas a Berto, descubrin este post onde se comenta sobre este mapa creado en 1730 por Gottfried Hensel. Neste mapa, segundo a súa descrición contén a “Europa multilingüe, mostrando a xenealoxía das linguas, xunto co seu alfabeto e os modos de escritura de todos os pobos”.

hensel_1741.jpg